• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais
Jueves, 25 Febrero 2016 22:47

APROVEITAMENTOS FORESTAIS EN DESUSO: O CARBONEO

Escrito por 
Valora este artículo
(0 votos)

Vai poucos días nunhos montes do Concello de Cervo atopei unha zoa na que con seguridade tivo lugar un aproveitamentamento forestal que quedou en desuso: o carboneo ou obtención de carbón vexetal para o seu uso polos ferreiros, braseiros domésticos ou mesmo cociñas. É de supoñer que o carbón vexetal non serviría para a fundición dos metáis por non acadar a precisa temperatura -dígoo por exemplo, pola posibilidade do seu uso na fundición das Fábricas de Sargadelos, xa que é un dato que non podo precisar- Este aproveitamento, que puido manterse operativo ata mediados do século pasado, conta cunha abondosa terminoloxía específica que conviña non esquecer, sendo merecedora de que as xeracións vindeiras coñezan, inda que só sexa como lembranza dos seus antergos. As especie forestáis maioritariamente empregadas para este aproveitamento eran o Arbutus unedo e o Quercus robur, inda que na actualidade prevalecen as masas de pino e eucalipto. Como curiosidade, pode indicarse que este aproveitamento deu lugar a un uso comunitario de camiños denominado "camiño dos torcos", que permitía atravesar sucesivas parcelas por diferentes donos para a recollida do mineral. Na actualidade, tales camiños mantéñense de xeito consuetudinario para os aproveitamentos forestáis, constituíndo unha servidume de paso que non debería  prescribir. Cando o  tempo mo permita, tentarei documentarme máis e publicalo por se o vedes de interés.
Visto 209 veces
Inicia sesión para enviar comentarios
TOP