• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0690-Botánica agronómica

Contidos básicos

BC1. Identificación das plantas

Sistemática e taxonomía: sistemas de clasificación, categorías e unidades taxonómicas; nomenclatura.

Principais familias: clasificación. Especies representativas.

Recolección: materiais e métodos. Clasificación. Especies representativas.

Aspectos para observar na identificación. Características morfolóxicas.

Claves sistemáticas para a identificación de plantas: tipos; manexo; encadre taxonómico.

Instrumental e equipamentos ópticos utilizados na identificación: manexo.

Acondicionamento das plantas e as súas partes. Conservación. Elaboración de herbarios. Papel dos herbarios. Usos das coleccións.

Normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.

BC2. Localización xeográfica das especies vexetais

Áreas bioxeográficas: clasificación. Tipos de áreas de distribución: cosmopolitas e continuas, disxuntas e vicariantes; endémicas e relictas; artificiais e naturais.

Factores ecolóxicos que determinan a configuración das áreas.

Áreas fitoxeográficas en España. Especies características. Territorios e cortexos florísticos. Relación entre especie e área. Variacións temporais nas áreas de distribución. Plantas invasoras.

Fontes de información: datos, cartografía, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.: uso.

Patróns globais e locais de riqueza florística: endemismo e relicto.

BC3. Caracterización das plantas cultivadas

Domesticación dos vexetais: proceso. Etnobotánica e conservación dos recursos fitoxenéticos.

Procedencia das plantas cultivadas. Especies naturais: orixe.

Aproveitamentos das plantas cultivadas: clasificación.

Aspectos morfolóxicos e fisiolóxicos máis salientables para a identificación do cultivo.

Principais especies vexetais cultivadas: descrición.

Bioloxía das especies vexetais cultivadas: diferenzas.

Variedades e patróns: hibridación; enxeñaría xenética; plantas transxénicas.

BC4. Caracterización das plantas de xardín

Planta ornamental: concepto e orixes; diversidade. Plantas autóctonas e alóctonas.

Clasificación das plantas ornamentais: árbores, palmeiras, arbustos, vivaces, gabeadoras,de temporada, etc.

Especies botánicas máis frecuentes utilizadas en xardinaría, revexetación do medio natural e restauración da paisaxe: descrición.

Aspectos morfolóxicos e fisiolóxicos máis salientables para a identificación das plantas de xardín.

Características ecolóxicas e bioxeográficas das plantas ornamentais: distribución; procedencia e requisitos.

Valor ornamental: concepto. Criterios de elección de especies.

Características morfolóxicas e de crecemento: forma e tamaño definitivos.

Especies autóctonas: importancia.

Especies ornamentais invasoras: características e condicións de uso.

BC5. Identificación dos caracteres culturais das especies forestais

Factores ecolóxicos: factores abióticos e bióticos. Clima, solo, fisiografía e coaccións entre especies.

Habitación: concepto. Clasificación de especies forestais segundo a habitación. Aplicación no uso de especies forestais.

Estación: calidade e influencia sobre as especies forestais. Valores limitantes.

Temperamento das especies forestais. Reprodución. Consecuencias sobre a rexeneración das especies forestais, a poda natural e a morfoloxía. Clasificacións.

Porte específico e porte forestal: tipos e características.

Sistema radical das especies forestais: morfoloxía e características.

Crecemento das especies forestais. Parte aérea da especie forestal. Medida do desenvolvemento individual e da masa.

Lonxevidade das especies forestais: técnicas de determinación.

TOP