• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0692-Fitopatoloxía

Contidos básicos

BC1. Organización do seguimento do estado sanitario das plantas

Clasificación de axentes beneficiosos e prexudiciais. Fauna beneficiosa e prexudicial. Morfoloxía e fisioloxía de invertebrados, aves e mamíferos. Axentes bióticos beneficiosos e prexudiciais. Bioloxía. Axentes abióticos.

Vexetación espontánea non desexada: clasificación. Plantas parasitas. Elaboración e conservación de herbarios.

Concepto de enfermidade, praga e fisiopatía. Enfermidade: transmisión e condicións ambientais favorables. Enfermidade de orixe biótica: síntomas e danos. Pragas polífagas e específicas: clasificación, bioloxía, síntomas e danos. Fisiopatía: síntomas.

Toma de mostras: representación en planos e esbozos, localización dos puntos de mostraxe, procedemento, materiais e medios utilizados. Métodos de contaxe. Concepto de limiar. Tipos de mostraxe.

Normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.

BC2. Programación do control fitosanitario

Definición e clasificación dos métodos de control fitosanitario: métodos físicos, biolóxicos e químicos; directos e indirectos. Tipos e características. Trampas, barreiras, feromonas,desinfección de solos e solarización.

Interese da produción integrada. Normativa de produción integrada en materia de fitosanitarios. Tratamentos recomendados e prohibidos. Asociacións de produción integrada en agricultura (APRIA) e agrupacións de tratamentos integrados en agricultura

(ATRIA). Liñas de axudas. Factores que se deben ter en conta na loita integrada. Métodos de control fitosanitario na loita integrada.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais na programación do control fitosanitario.

Accións que reducen os danos económicos. Nivel de tolerancia. Limiar económico.

Normativa ambiental, de produción integrada e de prevención de riscos laborais.

BC3. Supervisión do almacenamento e a manipulación de produtos fitosanitarios

Normativa xeral de transporte de produtos fitosanitarios.

Manipulación de produtos fitosanitarios. Carné de manipulador de produtos fitosanitarios.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais no almacenamento e na manipulación de produtos fitosanitarios.

Características técnicas do almacén. Zonas de almacenamento. Equipamento básico de seguridade.

Normas para o almacenamento de produtos fitosanitarios. Incompatibilidades.

Transporte de produtos químicos fitosanitarios. Documentación. Libro oficial de movemento.

Normas de retirada de produtos fitosanitarios da explotación. Tratamento de envases utilizados.

Medidas en caso de accidente durante o transporte e/ou o almacenamento de produtos fitosanitarios. Protocolo de actuación.

Normativa fitosanitaria, ambiental e de prevención de riscos laborais.

Normativa relativa ao transporte, o almacenamento e a manipulación de produtos fitosanitarios.

BC4. Establecemento das medidas de protección na preparación e na aplicación de produtos fitosanitarios

Concepto de manipulador e risco.

Factores de risco. Riscos que dependen do produto, do manipulador, do ambiente de traballo e do tipo de aplicación: antes, durante e logo da aplicación.

Riscos a medio e a longo prazo para as persoas, para a flora e a fauna (alteracións do equilibrio biolóxico, fauna silvestre e fitotoxicidade) e para o ambiente (contaminación do aire, do solo e da auga). Resistencia aos produtos químicos fitosanitarios. Medidas para diminuír o risco sobre a agricultura, o ambiente e a saúde.

Situación da parcela. Leitos de auga, presenza humana, flora e fauna próximas, e cultivos estremeiros.

Factores que inflúen na toxicidade. Vía de entrada das substancias tóxicas.

Prazo de seguridade. Límite máximo de residuo. Persistencia. Vida media residual.

Tipos de intoxicacións. Primeiros auxilios en caso de intoxicación.

Normativa ambiental, de produción integrada e de prevención de riscos laborais.

BC5. Organización e realización da preparación e aplicación do produto fitosanitario

Caracterización de produto fitosanitario. Composición: ingredientes activo-técnicos ou materia activa, ingredientes inertes, coadxuvantes e aditivos. Materias activas permitidas.

Formulación: líquidos concentrados para diluír, sólidos concentrados para diluír, sólidos sen diluír e gases. Clasificación segundo o axente sobre o que actúan, composición química, vía de penetración na planta, duración da súa acción, espectro de acción e momento de aplicación.

Etiquetas e envases: interpretación; códigos e símbolos.

Cálculo da cantidade de produto. Mesturas.

Condicións climáticas na aplicación do tratamento. Precaucións.

Criterios para a elección do momento oportuno. Fases sensibles do parasito. Localización na planta. Climatoloxía e hora do día máis axeitadas. Criterios para a elección dun produto adecuado.

Interacción entre produtos: incompatibilidades e tipos de reaccións.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais na preparación e na aplicación do produto fitosanitario.

Etapas para a preparación do caldo. Precaucións.

Limpeza e regulación de equipamentos. Redución do volume de aplicación. Relación entre regulación e dosificación. Control do caudal das boquillas. Tamaño das pingas.

Normativa ambiental, de produción integrada, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.

BC6. Coordinación da xestión de residuos de produtos químicos fitosanitarios

Concepto de residuo perigoso.

Residuos químicos fitosanitarios xerados na empresa. Clasificación dos residuos. Elaboración da listaxe de residuos e a súa perigosidade.

Rexistro de pequenos produtores de residuos: inscrición e documentación para presentar. Elaboración da memoria e do plan de residuos.

Contedores de recollida de residuos: situación e identificación.

Caderno de control de recollida de residuos. Control de residuos por parte da Administración e do agricultor.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais na xestión de residuos.

Accións e medidas para a redución de residuos.

Xestión e eliminación de envases: etapas.

BC7. Organización e realización do manexo sanitario do agrosistema

Rotacións, asociacións e policultivos. Efecto sobre o control de vexetación espontánea,pragas e enfermidades no sistema ecolóxico. Biodepredadores. Vida microbiana: efectos sobre o estado sanitario do solo.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais na organización e na realización do manexo sanitario do agrosistema.

Infraestruturas favorecedoras do equilibrio do agrosistema. Sebes, estanques, niños artificiais e abeiros: deseño, tipos e características.

Hábitat e dinámica de poboacións dos axentes beneficiosos e prexudiciais. Manexo da vexetación espontánea. Beneficios. Condicións que inciden na presenza de plantas non desexadas. Alelopatías.

Contaminación cruzada no almacenamento e no transporte. Precaucións.

Métodos de control ecolóxico. Épocas de emprego. Loita biolóxica. Aspectos importantes en produción ecolóxica.

Elección do tratamento ecolóxico. Produtos fitosanitarios ecolóxicos. Substancias de orixe vexetal. Decoccións e maceracións. Produtos minerais e químicos permitidos. Tratamento: dose, gasto e procedementos de aplicación.

Certificación ecolóxica: proceso e formalización de documentación.

Normativa ambiental, ecolóxica e de prevención de riscos laborais.

TOP