• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0694-Maquinaria e instalacións agroforestais

Contidos básicos

Unidade formativa 1: taller e maquinaria

BC1. Organización da instalación e xestión do taller agrario

 Zonas e espazos do taller agrario. Adecuación das dimensións ás necesidades da explotación. Cálculo. Representación gráfica. Aplicacións de deseño asistido por computador.

 Equipamentos e ferramentas: descrición, funcionamento, coidados e preparación. Recambios e materiais do taller.

 Colocación e instalación de equipamentos, ferramentas, recambios e outros materiais. Esquema sobre o plano. Documentación técnica para a organización do taller. Condicións de almacenamento e conservación. Rexistro e comprobación.

 Importancia da orde e a limpeza no taller agrario.

 Necesidades de aprovisionamento de equipamentos, ferramentas, recambios e outros materiais do taller: adecuación ao plan produtivo da explotación. Cálculo. Verificación de existencias.

 Adquisición de equipamentos, ferramentas, recambios e outros materiais. Aprovisionamento a curto e medio prazo. Trámites. Canles de comercialización. Información técnica de subministracións e provedores: rexistro e actualización.

 Xestión de residuos. Sistemas de almacenamento e/ou eliminación. Empresas e entidades encargadas da recollida selectiva e reciclaxe.

 Rexistro das operacións realizadas no taller. Libros de rexistro. Aplicacións informáticas.

 Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de instalación e xestión do taller agrario. Organización do traballo.

BC2. Supervisión das operacións de mecanizado básico e de soldadura

 Materiais mecanizables: metais, plásticos e cerámicos. Semiprodutos. Propiedades e características. Aptitude para o mecanizado.

 Operacións de mecanizado básico. Mecanizado manual: corte, tradeadura, limadura, esmerilaxe, roscaxe, rectificación, puimento, etc. Nocións de mecanizado con máquinas ferramenta especializadas: torneamento e fresaxe.

 Planos de fabricación: interpretación. Dimensións e xeometría da peza. Procedementos de medida e trazado de pezas. Utensilios e manexo.

 Ferramentas para o mecanizado: adecuación ao tipo de peza e proceso de mecanizado; selección e manexo.

 Métodos de soldadura: térmica por oxigás, con arco eléctrico (eléctrodo revestido), con arco baixo gas (TIG, MIG e MAG), etc.: procedemento operativo.

 Selección do tipo de soldadura. Adecuación ás características dos materiais que se vaian unir.

 Calidade do produto mecanizado. Adecuación ás especificacións dadas. Utensilios de medida: calibre, galgas, etc. Manexo. Tolerancias xeométricas e superficiais. Axustes.

 Calidade das pezas soldadas: dimensións, aspecto superficial, transición co metal base, deformacións, etc.

 Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de mecanizado básico e soldadura.

BC3. Control do funcionamento da maquinaria e os equipamentos agroforestais e de xardinaría

 Compoñentes do tractor: bastidor, motor, transmisión, tren de rodaxe, dirección, freos, sistema hidráulico, elementos de traballo e outros elementos auxiliares (carrozaría, cabina, contrapesos, climatización, etc.).

 Tipoloxía e clasificación de motores. Compoñentes e funcionamento. Cotas do motor. Relación de compresión. Curvas características.

 Tipos de tractores: agrícolas e forestais.

 Características técnicas dos tractores. Criterios de elección.

 Apeiros encaixables no tractor: para labor, roturación e preparación do solo, etc. Implementos.

 Máquinas e equipamentos agrícolas para fertilizar, manexar o esterco, sementar, plantar, transplantar, realizar tratamentos; para recoller e manexar forraxes, grans, raíces e tubérculos, froitas e hortalizas; e para cargar, transportar e conservar productos. Tipos e características técnicas.

 Máquinas e equipamentos forestais para apear, desgallar, tronzar, descascar, sacar, transportar, cargar e descargar a madeira. Outras máquinas e equipamentos para manexo da biomasa: empacadoras forestais, esteladoras, trituradoras, etc. Maquinaria de prevención, control e extinción de incendios: helicópteros, avións anfibios, de carga en terra e de observación, etc. Tipos e características técnicas.

 Motoaixada, motorrozadora, cortacéspede, motoserra e outras máquinas con motor de explosión.

 Funcionamento da maquinaria, os apeiros e os equipamentos: principios básicos; tracción; accionamento mecánico e hidráulico. Mecanismos e automatismos. Anomalías: causas principais e consecuencias.

 Parámetros técnicos e variables de traballo da maquinaria no campo: velocidade, anchura,altura e profundidade de traballo; control de carga e lastrado. Dosificación e uniformidade en sementadoras, fertilizadoras e máquinas para tratamentos fitosanitarios.

 Uso de maquinaria e equipamentos: normas básicas; sistemas e elementos de regulación; encaixamento e desencaixamento. Dispositivos de seguridade da maquinaria.

 Requisitos da maquinaría que circula por vías públicas. Dispositivos de iluminación e sinalización, placas e elementos de seguridade. Documentación da maquinaria. Inspección técnica de vehículos.

 Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais no control do funcionamento e no uso da maquinaria e os equipamentos. Métodos de programación e planificación dos traballos. Aspectos xerais da organización dos traballos: tempos, capacidade e rendementos. Previsión e planificación do transporte e loxística da maquinaria e do persoal. Redución do impacto no uso de máquinas. Partes de traballo: deseño e rexistro. Tratamento informático: interpretación.

 Normativa específica forestal, de agricultura e de xardinaría.

BC4. Avaliación de avarías e supervisión de reparacións e posta a punto de maquinaria e equipamentos

 Resposta ante continxencias ou situacións de emerxencia. Plan de actuación.

 Avarías do equipamento agrario: frecuencia e previsión. Diagnóstico: táboas de diagnose. Puntos de control. Valoración do seu alcance: determinación e análise de danos. Documentación e outras fontes de información. Elaboración de informes técnicos. Reparacións para realizar no taller especializado e reparacións no taller da explotación.

 Equipamentos de medida e proba para o diagnóstico e a reparación de avarías: descrición, funcionamento, coidados e preparación.

 Custo das reparacións en maquinaria e equipamentos: cálculo. Elaboración de orzamentos. Organización e rexistro da documentación. Conveniencia ou non de reparar: relación entre o valor do equipamento e o custo da reparación.

 Verificación dos traballos de reparación e substitución de elementos e pezas avariadas. Manuais de operación. Comprobacións en reparacións acabadas. Posta a punto de máquinas e equipamentos. Parámetros de control.

 Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de avaliación de avarías e control das reparacións e postas a punto de máquinas e equipamentos: procedementos, métodos e tempos. Ordes de reparación e partes de traballo.

BC5. Programación e supervisión do mantemento da maquinaria e os equipamentos

 Operacións de mantemento: tipos, frecuencia e periodicidade.

 Mantemento do tractor e dos equipamentos de tracción. Mantemento do motor diésel: procedementos.

 Sistemas e elementos do tractor para detectar anomalías ou avarías. Análise do funcionamento.

 Mantemento de equipamentos, apeiros, implementos e ferramentas: procedemento.

 Mantemento de máquinas de motor de explosión: procedementos e periodicidade.

 Equipamentos, utensilios e ferramentas para o mantemento: identificación, características, preparación, manexo e conservación.

 Plan de limpeza e conservación. Equipamento e materiais de limpeza. Periodicidade.

 Supervisión dos traballos de mantemento: tempos, medios e forma. Fichas de traballo.

 Rexistro das operacións de mantemento. Partes de mantemento.

 Custos do mantemento. Elaboración de informes. Medios e métodos. Análise e avaliación de resultados.

 Programas de mantemento: elaboración. Manuais do fabricante e outra documentación técnica. Coordinación das operacións de mantemento co resto de tarefas da explotación.

 Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de mantemento da maquinaria e equipamentos.

 Obrigas administrativas. Documentación. Revisións. Organismos en institucións implicadas.

 Normativa específica sobre maquinaria e equipamento forestal, de agricultura e de xardinaría.

BC6. Elaboración de plans de adquisición, renovación ou refugo de maquinaria, e equipamentos agrícolas, forestais e de xardinaría

 Necesidades de mecanización. Parque de maquinaria dunha empresa agrícola, forestal ou de xardinaría. Cálculo. Mecanización en explotacións de agricultura ecolóxica. Factores dependentes do plan de produción: superficie cultivada, alternativa de cultivos, rotacións, labores, volume de produción, etc. Dispoñibilidade espacial e temporal. Polivalencia de máquinas e equipamentos.

 Criterios para adquirir, renovar ou refugar máquinas e equipamentos. Tempos de traballo. Capacidade de traballo. Análise de rendementos. Grao e custo de utilización: custos fixos e variables. Limiares de rendibilidade e substitución. Incidencia do parque de maquinaria no custo por unidade de produción. Contratación de servizos, arrendamento e uso compartido. Análise da documentación técnica.

 Rexistro de consumo, incidencias e tempo de operación da maquinaria e equipamentos. Aplicación práctica. Periodicidade. Medios e métodos. Partes de traballo e incidencias. Aplicacións informáticas.

 Informes técnico-económicos. Partes: características técnicas, rendibilidade do investimento, financiamento e custo da operación. Custo de adquisición ou instalación e custo de funcionamento. Elaboración. Momento de adquisición, renovación ou refugo. Aplicacións ofimáticas específicas.

 Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de adquisición, substitución (renovación) ou refugo de maquinaria, e equipamentos e instalacións agroforestais e de xardinaría.

 Normativa de produción ecolóxica.

BC7. Prevención de riscos laborais e protección ambiental

 Normativa de prevención de riscos laborais nas operacións de mantemento de vehículos e instalacións.

 Factores e situacións de risco.

 Medios e equipamentos de protección individual.

 Prevención e protección colectiva.

 Normativa reguladora da xestión de residuos.

 Clasificación e almacenamento de residuos.

 Tratamento e recollida de residuos.

Unidade formativa 2: instalacións agroforestais

BC1. Programación do funcionamento e mantemento das instalacións

Tipos de instalacións: características, usos e aplicacións.

Instalacións para forzamento de cultivos. Invernadoiros: tipos; estrutura e cuberta; materiais empregados (vidro, plásticos, etc.); propiedades; normas de calidade; necesidades

e sistemas de calefacción; instalacións de ventilación, climatización e acondicionamento ambiental; instalacións de gas; calefactores, etc.

Instalacións de rega. Rega localizada e por aspersión. Cabezal de rega, tubaxes de condución e distribución. Filtraxe. Aparellos de manexo, control, medida e seguridade: manómetro, regulador de presión, limitadores de caudal, válvulas hidráulicas e electroválvulas. Emisores de auga: de baixo e de alto caudal. Instalacións de abastecemento de auga. Captación e grupos de bombeo. Tubaxes e conducións. Materiais empregados. Timbraxe. Cálculo hidráulico en conducións pechadas. Hidroponía e fertirrigación. Esquema do proceso de fertirrigación. Cabezal de rega. Filtraxe. Inxección de fertilizantes. Programación da rega. Elementos, medios e métodos.

Instalacións para a drenaxe e o saneamento.

Equipamentos de abonado: tanques, dosificadores, etc.

Instalacións eléctricas. Circuítos de iluminación e forza. Elementos de protección e medida. Xeración autónoma de electricidade e enerxía.

Instalacións de almacenamento e conservación: celeiros; celeiros con muros de gravidade; silos metálicos para gran; silos para forraxe; silos de gabia, de trincheira, sobre plataforma e de torre; almacén de maquinaria; almacén de forraxes secas; cámaras frigoríficas de conservación e secadoiros. Instalacións para aproveitamento de subprodutos e eliminación de residuos. Outras instalacións.

Instalacións forestais.

Revisión e diagnose do funcionamento das instalacións. Mantemento e conservación. Programación das operacións.

Diario de mantemento e incidencias: anotacións.

Ferramentas, utensilios e equipamentos para o mantemento: tipos.

Materiais para limpeza, desinfección, desinsectación e desratización: características e periodicidade.

Normas básicas de seguridade no manexo das instalacións. Dispositivos de seguridade. Táboas e equipamentos de medida e revisión de instalacións. Mecanismos perigosos e zonas de precaución. Roupa de protección.

Innovacións utilizables na explotación. Análise de novos equipamentos e materiais.

Normativa específica sobre instalacións forestais, de agricultura e de xardinaría.

BC2. Avaliación de avarías e supervisión de reparacións e posta a punto de instalacións

Resposta ante continxencias ou situacións de emerxencia. Plan de actuación. Valoración da situación. Comunicación e coordinación de continxencias.

Avarías en instalacións agroforestais: frecuencia, previsión e diagnóstico. Táboas de diagnose. Puntos de control. Valoración do seu alcance: determinación e análise de danos. Documentación e outras fontes de información. Elaboración de informes técnicos. Reparacións que deben realizar especialistas externos e as que pode realizar o persoal da explotación.

Equipamentos de medida e proba para o diagnóstico e a reparación de avarías: descrición, funcionamento, coidados e preparación.

Custo das reparacións de instalacións: cálculo. Elaboración de presupostos. Organización e rexistro da documentación. Conveniencia ou non de reparar: relación entre valor do equipamento e custo da reparación.

Verificación dos traballos de reparación e/ou substitución de elementos e pezas avariadas. Manuais de operación. Comprobacións en reparacións acabadas. Posta a punto de instalacións. Parámetros de control.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de avaliación de avarías e control das reparacións e postas a punto en instalacións. Procedementos, métodos e tempos. Ordes de reparación e partes de traballo.

BC3. Elaboración de plans de adquisición, renovación ou refugo de instalacións agrícolas, forestais e de xardinaría

Instalacións agrícolas, forestais e de xardinaría: características e dimensións. Cálculo. Factores para considerar: volumes esperados de produción, parámetros técnicos de aloxamento e/ou almacenamento, posibilidades de venda inmediata ou diferida da produción, compatibilidade para diversos usos, etc.

Adaptación das instalacións xa existentes ao plan de produción. Grao de utilización e rendibilidade.

Informes técnico-económicos. Partes: características técnicas, rendibilidade da investimento, financiamento e custo da operación. Custo de adquisición ou instalación e custo de funcionamento. Elaboración. Momento de construción, adquisición, renovación ou refugo. Aplicacións ofimáticas específicas.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de adquisición, substitución (renovación) ou refugo de maquinaria, equipamentos e instalacións agroforestais e de xardinaría.

Normativa de produción ecolóxica.

BC4. Prevención de riscos laborais e protección ambiental

Normativa de prevención de riscos laborais nas operacións de mantemento de vehículos e instalacións.

Factores e situacións de risco.

Medios e equipamentos de protección individual.

Prevención e protección colectiva.

Normativa reguladora da xestión de residuos.

Clasificación e almacenamento de residuos.

Tratamento e recollida de residuos.

TOP