• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

Contidos mínimos segundo o decreto 170/2012

Contidos básicos

BC1. Características da educación ambiental

Principios básicos de educación ambiental: conceptos e definicións. Fins e obxectivos da educación ambiental. Orixe e historia da educación ambiental no mundo.

Perfil profesional da persoa educadora ambiental.

A educación ambiental en España: o libro branco e as estratexias autonómicas e locais.

Instrumentos de intervención en educación ambiental: información e comunicación. Formación e capacitación. Participación. Investigación e avaliación.

Marcos de intervención da educación ambiental: comunidade xeral, asociacións e cidadanía;

Administración; empresas; sistema educativo.

BC2. Compilación de documentación ambiental

Centros de recursos de información e documentación ambiental.

Bases de datos de recursos e fondos documentais: monografías, revistas e materiais audiovisuais. Redes españolas e europeas de información ambiental: EIONET.

Formatos da información ambiental en internet: procura de información ambiental. Internet e desenvolvemento sustentable. Directorios e portais virtuais con contido ambiental.

Técnicas de compilación, sistematización, arquivo e actualización da información ambiental.

Ferramentas informáticas aplicadas ao manexo de documentación.

Técnicas de análise da información: criterios e estratexias no tratamento da información.

BC3. Elaboración de recursos e materiais de difusión ambiental

Materiais didáctico-divulgativos.

Medios impresos (folletos, esquemas, láminas, manuais, etc.), visuais fixos proxectados e non proxectables (paneis informativos, carteis, fotografías, murais, etc.), auditivos e audiovisuais.

Elaboración de materiais de información ambiental: características; deseño conceptual da mensaxe e deseño artístico.

BC4. Metodoloxías e instrumentos de difusión da información ambiental

Concepto de información e comunicación.

Recursos didácticos para a difusión da información.

Recursos expresivos para a comunicación: desenvolvemento expresivo e comunicativo. Técnicas de expresión oral, escrita e plástica. Obradoiros de expresión nos proxectos de traballo. Organización dos recursos para a expresión e a comunicación. Campañas de sensibilización.

Participación: modelos de participación cidadá. Proceso de toma de decisións en actuacións dos problemas ambientais.

Utilización e valoración das tecnoloxías da información e da comunicación como recurso para a difusión ambiental.

Difusión da información ambiental a través da web. Futuro da comunicación ambiental en internet

BC5. Caracterización dos procedementos de interpretación ambiental

Concepto de interpretación como ferramenta de educación ambiental no medio visitado.

Características da interpretación ambiental.

Tipos de interpretación: autoguiada e persoal ou guiada.

Deseño de programas e de exhibicións interpretativas: análise do contorno; obxectivos; selección e preparación de medios.

Actividades e materiais de interpretación ambiental: obxectivos, planificación, posta en práctica do programa e avaliación.

Medios interpretativos: publicacións, itinerarios, exposicións e simulacións. Dispositivos audiovisuais, equipamentos especiais e observatorios.

Itinerarios de interpretación: urbana e rural.

Posibilidades do contorno: análise, valor e puntos de interese relacionados co medio físico, coa vexetación e a fauna, e co interese histórico e cultural. Intervención humana.

Equipos de interpretación ambiental. Centros de interpretación na natureza e no medio urbano. Centros de visitantes. Aulas da natureza e xardíns botánicos. Centros de recursos ambientais, hortos escolares e granxas escola.

TOP