• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0810-Xestión dos aproveitamentos do medio forestal

Contidos básicos

BC1. Organización dos traballos de aproveitamento forestal

Interpretación de proxectos e plans técnicos forestais: pregos de condicións técnicas; planos; orzamentos.

Análise das características orográficas.

Proceso de avaliación de impacto ambiental. Principais impactos ambientais negativos dos aproveitamentos. Medidas correctoras. Licenza ambiental.

Organización do traballo: secuencia de tarefas.

Selección de maquinaria e equipamentos: criterios.

Xestión de persoal: necesidades de persoal e asignación de traballos.

Elaboración de informes técnicos: rendementos e rendibilidade.

Criterios técnicos, económicos, de calidade e de sustentabilidade.

Normativa específica dos aproveitamentos.

BC2. Xestión dos aproveitamentos forestais madeireiros

Sistemas de explotación madeireira: avaliación da sustentabilidade.

Selección e marcaxe de árbores: técnicas, materiais e medios.

Implantación das vías de saca: acondicionamento.

Abatemento: técnicas, equipamentos e máquinas empregadas.

Procesamento de árbores: técnicas, equipamentos e máquinas empregadas. Clasificación de toradas: criterios de calidade, equipamentos e medios utilizados. Localización de árbores abatidos e de moreas de madeira e leña. Tratamento de subprodutos do abatemento. Amoreamento de madeira e leña: técnicas e medios utilizados.

Operacións de arrastre, carga e amoreamento. Saca e desemboscamento: técnicas, métodos, equipamentos e medios utilizados.

Normativa de certificación forestal.

BC3. Xestión da extracción da casca

Selección e marcaxe de árbores de descascamento: criterios; técnicas e procedementos

Determinación da extracción da casca: criterios

Operacións de roza e acceso. Operacións de descascamento: técnicas, equipamentos e medios.

Operacións de clasificación, amoreamento, medición, desemboscamento e transporte: técnicas, equipamentos e medios.

Parámetros de calidade: morfoloxía e propiedades da casca; calidades, aplicacións e utilidades.

BC4. Planificación da recolección doutros produtos forestais

Selección e marcaxe de árbores para resinación: criterios e técnicas.

Determinación do momento de extracción: criterios.

Operacións para a obtención da mera: métodos de resinación; aplicacións e utilidades da mera.

Extracción de froitos e sementes forestais. Ecoloxía do souto e doutras zonas forestais con froitos obxecto de aproveitamento. Métodos de colleita. Sistemas de explotación. Técnicas e procedementos empregados para a colleita, a extracción, a limpeza, o almacenamento e o transporte das sementes. Zonas de colleita.

Colleita de plantas aromáticas, medicinais ou ornamentais: métodos, equipamentos e ferramentas. Fenoloxía e época de colleita das principais especies forestais comercializadas.

Fungos comestibles: identificación e colleita. Caracterización das principais especies de importancia económica.

Produción apícola. Bioloxía das abellas. Manexo da abellariza. Efectos da actividade apícola no medio natural.

Organización do transporte de produtos forestais.

Normativa de seguridade alimentaria.

BC5. Supervisión do aproveitamento de pastos naturais e obtención de biomasa

Caracterización de pastos e sistemas de pastoreo. Clasificación e distribución dos principais tipos de pastos naturais extensivos. Importancia económica, ecolóxica e social dos pastos naturais extensivos.

Análise de pastos. Bioloxía e ecoloxía dos pasteiros naturais.

Principais razas gandeiras autóctonas. O sistema de pastoreo: compoñentes e funcionamento. Tipos de pastoreo. Ordenación de pastos. Capacidade de carga e indicadores de sobrepastoreo.

Traballos de mellora e conservación de pasteiros: técnicas, procedementos e medios empregados (repartición de dexeccións, fertilización, emendas, roza e rexeneración do arboredo). Ferramentas e equipamentos para o aproveitamento e a mellora dos pastos: identificación, descrición, mantemento e manexo.

Determinación do material vexetal aproveitable. Biomasa forestal: tipos, características e tratamento segundo o destino.

Planificación do corte de biomasa. Técnicas, procedementos e medios empregados nos traballos de aproveitamento da biomasa. Ferramentas e equipamentos para o seu aproveitamento: identificación, descrición, mantemento e manexo.

Desemboscamento do material vexetal: técnicas, métodos, equipamentos e medios utilizados.

BC6. Prevención de riscos laborais e protección ambiental

Normativa de prevención de riscos laborais nas operacións de aproveitamento laboral.

Factores e situacións de risco.

Sistemas de seguridade aplicados ás máquinas e os equipamentos.

Seguridade na explotación forestal.

Medios e equipamentos de protección individual.

Prevención e protección colectiva.

Normativa reguladora da xestión de residuos.

Clasificación e almacenamento de residuos.

Tratamento e recollida de residuos.

TOP