• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

Contidos mínimos segundo o decreto 170/2012

Contidos básicos

BC1. Planificación da produción do viveiro forestal

Compilación de datos da superficie que cumpra repoboar.

Viveiro forestal: tipos e características; factores de implantación (localización, auga, clima, solo, topografía, accesos, man de obra, etc.).

Ciclo de produción e planificación. Efectos da planificación sobre a calidade da planta.

Métodos de produción de planta forestal: características e criterios de elección (a raíz núa ou en contedor).

Zonificación do viveiro forestal: deseño e dimensións; instalacións e elementos complementarios.

Horto sementeiro: concepto. Coidados culturais. Outras formas de obtención de semente de calidade.

Cálculo de plantas que se vaian producir.

Criterios técnicos, económicos, de calidade e de sustentabilidade.

Normativa ambiental, de produción en viveiro forestal e de prevención de riscos laborais.

BC2. Organización dos procesos de obtención e preparación de froitos, sementes e material vexetal

Selección de rodais e plantas sobresalientes: criterios; localización no monte. Selección de froitos e sementes: criterios.

Labores silvícolas de frutificación: tipos e técnicas.

Colleita de froitos, sementes e material vexetal: época segundo a especie; métodos e técnicas.

Manipulación do froito e a semente: preprocesamento; limpeza de sementes; separación e fraccionamento; revestimento de sementes.

Material clonal de reprodución: selección e coidados. Órganos de multiplicación asexual. Especies que se reproducen principalmente por multiplicación vexetativa.

Cultivo in vitro: técnicas, materiais e medios.

Clasificación dos lotes de sementes. Rexións de procedencia. Interpretación de etiquetas. Valoración xenética.

Almacenamento e conservación de froitos, sementes e material vexetal de propagación. Tratamentos de conservación. Transporte.

Tratamentos prexerminativos: tipos. Letargos e latencias. Métodos e técnicas. Características segundo especies.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nos procesos de obtención e preparación de froitos, sementes e material vexetal.

Maquinaria e ferramentas: selección, uso e regulación.

Normativa sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución.

Normativa ambiental, de calidade, de produción en viveiro forestal e de prevención de riscos laborais.

BC3. Coordinación do proceso de implantación do material vexetal en viveiro forestal

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais no proceso de implantación do material vexetal en viveiro.

Cantidade de semente: cálculo. Análise de sementes: pureza; xerminación; número de sementes por unidade de peso. Coeficientes culturais.

Preparación do terreo: acondicionamento. Preparación de sementeiros e criadeiros: tipos.

Envases e contedores forestais: tipos e materiais. Características que inflúen no crecemento da plántula. Criterios de selección.

Substratos empregados en viveiros forestais: propiedades, características e tipos. Mesturas. Inoculación. Micorrización. Fundamento e métodos.

Técnicas de propagación vexetativa: por estacas, por escallos, por porbaixas, división de mata, separación de rebentos, embrións foliares, talos e raíces especializadas, e enxerto. Estimuladores de enraizamento: tipos, características e dosificación.

Sementeira: enchemento de envases. Sementeira manual e mecánica. Colocación de propágulos: técnicas.

Xerminación. Métodos para favorecer a xerminación. Condicións ambientais para o sementeiro. Cámaras de xerminación. Coidados aos sementeiros e criadeiros.

Maquinaria, apeiros e equipamentos: selección, uso e regulación.

Normativa ambiental, de calidade, de produción en viveiro forestal e de prevención de riscos laborais

BC4. Programación das operacións de cultivo

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais nas operacións de cultivo.

Repicaxe e outros labores culturais: finalidade e tipos.

Parámetros de control ambiental. Programador: manexo, elementos e axustes.

Control dos elementos da instalación de rega. Programador de rega: elementos, manexo e axustes.

Cálculo de necesidades nutritivas das plantas en viveiro.

Maquinaria, apeiros e equipamentos: selección, uso e regulación.

Criterios técnicos, económicos, de calidade e de sustentabilidade.

Normativa ambiental, de produción en viveiro e de prevención de riscos laborais.

BC5. Coordinación das operacións de aclimatación da planta forestal

Endurecemento: concepto e métodos. Criterios de selección do criadeiro segundo a calidade.

Protocolos de carga. Orde de carga e colocación segundo as especies, o tamaño e os formatos comerciais.

Adaptación da planta a pé de repoboación.

Preparación de plantas para repoboación. Acondicionamento radicular.

Almacenamento de plántulas: coidados.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais na aclimatación da planta forestal.

Maquinaria, apeiros e equipamentos: selección, uso e regulación.

Normativa ambiental, de calidade, de produción en viveiro e de prevención de riscos laborais.

TOP