• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0812-Xestión cinexética

Contidos básicos

BC1. Realización de censos de fauna

Especies de caza maior e menor, competidoras, depredadoras, etc. Taxonomía: clasificación e sistemática. Liñas taxonómicas das especies cinexéticas. Variedades e ecotipos. Denominación común e denominacións rexionais. Morfoloxía externa, faneróptica e parámetros corporais. Influencia do ambiente. Bioloxía das especies cinexéticas. Alimentación e comportamento alimentario. Reprodución: ciclo reprodutivo e sistemas de apareamento. Parámetros reprodutivos: porcentaxe de femias en xestación, sex-ratio, tamaño de camada, fenoloxía de cría e outros: rexistro e interpretación. Hábitos das especies cinexéticas. Ritmos de actividade. Comportamento e organización social. Uso do espazo: variacións temporais e segundo clases de sexo e idade. Gregarismo e territorialidade. Materiais, pegadas e sinais de especies cinexéticas. Observación, recollida, ordenación e acondicionamento. Útiles, materiais e métodos. Recoñecemento e identificación. Fichas e caderno de campo.

Distribución xeográfica estatal e autonómica. Especies autóctonas e alóctonas; sedentarias e migratorias.

Dinámica de poboacións. Tamaño e densidade poboacional. Taxa de crecemento: taxas de natalidade, mortalidade, emigración e inmigración. Velocidade de crecemento. Estrutura da poboación: clases de sexo e idade. Pirámides de poboación: modelo segundo técnica de caza. Factores limitantes: resistencia ambiental e competencia intra e interespecífica. Efectos das actividades cinexéticas sobre as poboacións.

Estima do tamaño ou densidade poboacional. Índices de abundancia. Técnicas de mostraxe. Métodos de censo: directos e indirectos. Censo de poboacións segundo o seu patrón de distribución. Protocolos de actuación. Elección do método de censo: adecuación ao hábitat e á poboación. Técnicas e medios para a captura, inmobilización, marcaxe e seguimento de especies. Problemas no censo de vertebrados. Detectabilidade e capturabilidade.

Itinerarios, transectos, áreas de mostraxe e puntos de censo e control. Emprazamento e localización. Adecuación ao método de censo. Esforzo de censo.

Recollida de datos en campo. Materiais, medios e equipamentos técnicos. Rexistro e procesamento da información. Exactitude e precisión. Medida da dispersión. Software específico. Elaboración de informes. Valoración de resultados.

Organización de recursos humanos e materiais para a elaboración dun censo de fauna. Distribución de tarefas e previsión de medios.

Normativa ambiental, específica de ordenación de fauna, de benestar animal e de prevención de riscos laborais

BC2. Conservación e mellora do hábitat das especies cinexéticas e asociadas

Hábitat das especies cinexéticas: elementos estruturais e vexetación. Unidades paisaxísticas. Particularidades dos ecosistemas agrícolas e forestais.

Avaliación do estado do hábitat: índices e parámetros que cómpre avaliar. Métodos. Proposta de medidas correctoras. Rexistro e análise da información. Elaboración de informes. Uso das TIC no tratamento da información.

Capacidade de acollemento do medio. Conceptos de capacidade de carga para animais silvestres. Estimación: métodos directos e indirectos. Efectos do exceso de carga. Impacto das prácticas agrícolas, gandeiras e outras actividades sociais. Relación entre ecoloxía e economía, e disxuntiva entre cantidade e calidade.

Conservación e mellora do hábitat. Actuacións en agroecosistemas (implantación ou mellora de pasteiros, rotacións e policultivos, conservación de marxes, etc.) e en ecosistemas forestais (podas, clareamentos, entresacas, eliminación selectiva de brotes, repoboacións, etc.). Traballos requiridos segundo os obxectivos previstos. Supervisión. Compatibilidade das actuacións de conservación e mellora coa gandaría, a agricultura e outros usos sociais do medio.

Elementos para favorecer a capacidade de acollemento do medio: puntos de auga, refuxios, comedeiros, etc. Influencia en alimentación, acubillo e outros comportamentos das especies cinexéticas. Cálculo de necesidades. Criterios para determinar a súa localización. Implantación, mantemento e conservación. Accesibilidade e seguridade. Adecuación ao medio e ás especies de destino. Prevención de contaxio de doenzas. Protección contra outras especies.

Medios, equipamentos, máquinas e ferramentas utilizados nos traballos de avaliación, conservación e mellora do hábitat das especies cinexéticas. Criterios de selección.

Organización de recursos humanos e materiais nos traballos de avaliación, conservación e mellora do hábitat das especies cinexéticas. Distribución de tarefas e previsión de medios.

Calidade ambiental. Certificación de calidade cinexética. Requisitos mínimos e criterios de valoración na conservación e mellora do hábitat das especies cinexéticas.

Normativa ambiental, certificación de calidade cinexética, específica de caza e de prevención de riscos laborais.

BC3. Realización de tarefas de vixilancia, seguimento e control das poboacións de especies dun espazo cinexético

Vixilancia e control dun espazo cinexético. Plan de actuación. Funcións dos axentes do medio natural e dos gardas de caza. Gardas honorarios de caza. Colaboración cos corpos e as forzas de seguridade.

Prohibicións, infraccións e sancións en materia de caza. Furtivismo. Artes e técnicas ilegais de caza.

Procedemento de inspección e ordenación, e instrución de expedientes sancionadores. Formalización da documentación.

Doenzas e epizootias máis comúns. Doenzas de declaración obrigatoria. Métodos de detección e control. Toma de mostras. Procedemento de informe aos técnicos sanitarios. Colaboración na aplicación de medidas profilácticas e terapéuticas.

Detección de presenza e estimación de abundancia de predadores: observación directa ou localización de niños, tobeiras, pegadas e rastros. Rexistro de localización. Elaboración de informes. Limiar de actuación. Proposta de control legal. Impacto dos predadores sobre as poboacións cinexéticas.

Control de predadores. Métodos: trampas e lazos, substancias atraentes, armas de fogo, etc. Criterios de elección. Cotas, épocas e periodicidade de revisión dos dispositivos de captura. Liberación ou sacrificio tras captura; protocolo de actuación. Recollida e rexistro de datos: elaboración de informes. Adecuación ao plan técnico. Autorizacións administrativas.

Medios, equipamentos, ferramentas e útiles utilizados nos traballos de vixilancia e control dun espazo cinexético. Selección, manexo e mantemento. Sistemas de información xeográfica (SIX): aplicación na vixilancia e control dun espazo cinexético.

Organización de recursos humanos e materiais nas tarefas de vixilancia e control dun espazo cinexético. Distribución de tarefas e previsión de medios.

Normativa ambiental, específica de caza, de benestar animal e de prevención de riscos laborais

TOP