• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0813-Xestión da pesca continental

Contidos básicos

BC1. Organización e supervisión dos traballos de xestión das comunidades e do hábitat acuícola continental

Ecosistemas fluviais e lacustres: tipos. Formacións vexetais máis importantes dos leitos e das ribeiras. Distribución. Especies de flora invasora. Ecoloxía das augas continentais.

Peixes e crustáceos. Principais especies acuícolas continentais: clasificación; morfoloxía e bioloxía. Distribución e repartición xeográfica. Determinación da idade e crecemento. Densidade e estrutura dunha poboación. Crecemento. Produción. Mortalidade. Recrutamento. Outros factores ambientais de interese. Estudo da alimentación. Estado de conservación xenética das poboacións. Peixes migratorios. Tipos. Actividade natatoria.

Outras comunidades animais propias de augas continentais ou asociadas a elas. Fauna predadora das especies de interese piscícola e acuícola continental. Efectos sobre o resto da fauna.

Selección, extracción, marcaxe, transporte e liberación de peixes e crustáceos. Técnicas de mostraxe. Pesca eléctrica: fundamento, equipamento e aplicacións. Comportamento dos peixes. Reanimación de individuos capturados. Técnicas e criterios de liberación. Técnicas de captura con redes e trampas. Mostraxe con tóxicos. Técnicas de hidroacústica. Enquisas. Marcaxes. Seguimento con radiotransmisor. Marcaxe con sinais de tinta, microchip e outros. Inventarios poboacionais. Métodos de censo. Transporte e solta de peixes. Captura dos animais. Métodos de transporte. Técnicas e criterios de liberación.

Toma de mostras biolóxicas: procedemento; preparación e envío.

Repoboacións piscícolas: métodos e procedementos. Parámetros técnicos: número, clases de sexo e idade, lonxitude, peso, etc. Transporte e solta.

Aparellos, vehículos especiais, ferramentas e equipamentos utilizados nos traballos de xestión do hábitat acuícola continental: selección, uso e regulación.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar, de benestar animal e de prevención de riscos laborais.

BC2. Planificación dos traballos de xestión do leito

Especies vexetais propias dos leitos: tipos.

Características xerais dos ecosistemas doceacuícolas. Factores que condicionan un tramo de río. Análise das características xeomorfolóxicas do leito. Morfoloxía do leito ou fondo. Noiros laterais. Análise da granulometría do substrato. Características físicas da auga: temperatura, turbidez, condutividade, etc. Características químicas da auga: osíxeno disolvido, pH, nutrientes, compostos nitroxenados, etc.

A desova: factores condicionantes e métodos de avaliación. Tipos de desovadoiros. Localización e acondicionamento de desovadoiros ou zonas de posta. Mostraxe de desovadoiros.

Traballos de mantemento no leito. Tipos de alteracións do medio. Plan de mellora. Avaliación e restauración do hábitat acuático. Obras de acondicionamento e mellora. Protección de marxes. Protección da vexetación ripícola. Protección e mellora de desovadoiros. Deflectores. Trampas para sedimentos. Outras melloras. Medidas para aumentar a cobertura e o espazo vital. Medidas para mellorar a produción de alimento. Medidas para mellorar a temperatura das augas. Limpeza de leitos. Cercados.

Construción dos elementos e infraestruturas. Técnicas para reducir os impactos. Balsas de decantación. Obstáculos á migración. Pasos e escalas de peixes. Implantación. Escalas de depósitos sucesivos. Escalas de ralentización. Escalas de ascensor. Escalas para anguías. Esclusas. Represas. Ríos artificiais. Contadores de peixes, reixas, angazos e outros elementos propios da xestión de leitos. Técnicas de manexo e mantemento.

Organización de recursos humanos e materiais necesarios para realizar os traballos de xestión do leito.

Medios, equipamentos, máquinas e ferramentas: selección e uso.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

BC3. Organización e supervisión da execución dos traballos de xestión da ribeira e das súas instalacións

Especies da flora de ribeira: tipos. Plantas invasoras: tipos.

Acceso ás zonas de pesca. Traballos para facilitar a acción de pesca.

Elementos e infraestruturas vinculadas á pesca e á seguridade das persoas usuarias (pasarelas, pontes colgantes, etc.): características.

Construción e mantemento de elementos e infraestruturas para a pesca: tipos e materiais.

Sinalización dos tramos de pesca. Tipos de sinais. Localización.

Recursos humanos e materiais. Cálculo de necesidades.

Medios, equipamentos, máquinas e ferramentas: selección, uso e regulación.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

BC4. Realización dos traballos de xestión da protección do medio fluvial e lacustre

Plan de ordenación de recursos piscícolas: obxectivos xerais e ámbito territorial de aplicación. Estado de conservación. Directrices de xestión do recurso. Período de vixilancia.

Plans de xestión. Compilación de datos. Seguimento da evolución das poboacións. Actuacións de fomento e protección dos recursos piscícolas.

Vixilancia e detección de impactos sobre ríos e masas de auga. Sistemas de corrección das posibles desviacións dos obxectivos. Plan de vixilancia. Período de vixencia. Sistemas, técnicas e procedementos. Seguimento da evolución dos ríos e masas de auga. Detección de agresións. Infraccións e denuncias.

Control de especies depredadoras e competidoras: métodos. Autorización administrativa.

Detección e control de doenzas. Notificación e elaboración de informes.

Organización de recursos humanos e materiais empregados na xestión e na protección do medio fluvial e lacustre.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

TOP