• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0814-Xestión de montes

Contidos básicos

BC1. Coordinación e realización de traballos de inventario e de medición de árbores e de masas forestais

Inventario forestal. Tipos principais: inventario pé a pé e por mostraxe (fundamentos estatísticos). A teledetección dos SIX no inventario forestal.

Implantación da parcela. Itinerarios obxecto de inventario. Materiais e métodos.

Medición de variables dasométricas. Instrumentos e aparellos de medición: forcípulas, regra de Christen, clisímetro, dendrómetro, hipsométro, relascopio, etc.

Composición morfolóxica da árbore. Variables básicas: diámetro normal, altura total, altura de fuste, grosor de casca. Tipos dendrométricos: cocientes de forma, coeficientes mórficos, punto de forma e táboas, curvas ou fórmulas de decrecemento.

Diámetros normais e áreas basimétricas. Clases diamétricas; distribución diamétrica en masas regulares. Distribución diamétrica en masas irregulares. Diámetros medios de masa. Crecementos e densidade das masas forestais: cálculo.

Localización teórica da árbore. Localización e pesaxe de leñas. Biomasas. Localización de cascas. Técnicas e medios utilizados.

Localización da masa. Definición de tarifas e táboas de localización. Estimación por regresión. Táboas de localización aéreas.

Organización de recursos humanos e materiais necesarios para coordinar e realizar os traballos de inventario forestal e de medición de árbores e de masas forestais.

Bases da ordenación de montes. Xeneralidades. Principios da ordenación de montes.

Proxecto de ordenación de masas forestais. Estrutura. Inventario: estados legal, natural, forestal e económico. Planificación: plans xeral e especial.

Masas forestais e tipos de montes. Montes, terreos forestais, bosques e sistemas forestais. Clasificación das masas forestais segundo a súa composición específica, segundo o seu modo de reprodución, e segundo a súa estrutura e a distribución de idades. Monte alto e monte baixo. Estación forestal.

Métodos de división de montes: cuartel, tranzón (formación de tranzóns segundo a calidade do cuartel), división por cabida, etc.

Instrucións para a ordenación de montes. Orixe e evolución das instrucións de ordenación. Obxectivos da ordenación de montes segundo as instrucións de 1970. Instrucións autonómicas.

Métodos de ordenación de montes: ordenación do monte baixo e do monte medio, do monte alto regular (métodos clásicos e novos), do monte alto irregular e especiais (froitos, casca, resina, etc.).

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

BC2. Supervisión dos tratamentos silvícolas das masas forestais

Bases da silvicultura. Bases ecolóxicas. Silvicultura e biodiversidade. Principios da silvicultura.

Identificación das quendas de corta. Diámetros de cortabilidade en masas regulares e irregulares de distintas especies.

Tratamentos silvícolas: tipos e obxectivos. Tratamentos sobre o solo: labores, emendas, fertilizacións e drenaxes. Tratamentos sobre o voo: parciais (podas e esgalladuras) e totais (cortas). Labores culturais. Concreción e vixilancia.

Traballos de mellora: realización e control.

Rozas selectivas: métodos.

Cortas de mellora e de rexeneración. Determinación do momento de corta en cortas a eito. Aclareamento sucesivo uniforme. Marcaxe de pés en aclareamentos, entresacas e claras. Control das cortas.

Corte dos talos a rentes do chan e eliminación selectiva de brotes: obxectivos. Marcaxe de rebentos no tronco ou na raíz para cortar: control.

Realización e o control da poda: técnicas.

Tratamentos silvícolas específicos: sobre sobreira, para produción de casca; sobre castiñeiro e nogueira, para produción de froito; sobre piñeiro de piñóns para produción de piñas; masas para resinación, etc.

Medios, equipamentos, máquinas e ferramentas: uso e regulación.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

BC3. Coordinación e control dos traballos de reforestación e forestación

Reforestación e forestación: fases, concepto e diferenzas. Tipos de repoboacións forestais.

Especies para repoboar. Condicións edafoclimáticas. Elección.

Preparación manual e mecanizada do terreo. Técnicas de eliminación da vexetación: rozas, decapaxe e retirada de tocos. Labor do solo. Preparacións puntuais: furado, cabas superficiais, sachas, etc. Preparacións lineais ou en áreas: subsolaxe e disposición en camallóns, sucos e socalcos. Repoboacións mediante sementeira: métodos e época; realización e supervisión.

Calidade das plantas para repoboar: comprobación. Tipo de planta: a raíz núa, en terrón ou contedor. Almacenamento, condicións e distribución.

Sementeira e plantación: tipos, técnicas e métodos. Realización e supervisión da repoboación e da reposición de fallas.

Protección da repoboación contra a fauna: protectores; valos de protección.

Medios, equipamentos, máquinas e ferramentas: uso e regulación.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

BC4. Establecemento e supervisión dos traballos de restauración hidrolóxico-forestal

Técnicas de recuperación da vexetación riparia. Reintrodución. Mellora das condicións hidrolóxicas.

Erosión do solo: condicionantes.

Traballos de control de vexetación en áreas críticas: organización e control.

Estabilización de leitos. Restauración da vexetación: métodos e técnicas; realización e supervisión.

Prevención e defensa contra aludes: desenvolvemento de traballos.

Obras transversais para a corrección de leitos: diques de consolidación e de retención. Obras lonxitudinais para a corrección de leitos: espigóns de cachotaría, muros de protección e canalizacións naturalizadas con leito non erosionable.

Medios, equipamentos, máquinas e ferramentas: uso e regulación.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

BC5. Programación dos traballos silvícolas, de repoboación e de restauración hidrolóxico-forestal

Partes dun proxecto de traballos silvícolas, de repoboación e de restauración hidrolóxico-forestal.

Memoria e anexos: planos.

Prego de condicións técnicas: interpretación; características xerais e particulares.

Orzamento. Unidades de obra. Descompostos.

Impacto ambiental: tipos e clasificación; persistencia; recuperación; periodicidade. Accións.

Calendario de actuacións: elaboración.

Selección da maquinaria, apeiros e equipamentos de cada traballo.

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais na programación dos traballos silvícolas, de repoboación e de restauración hidrolóxico-forestal.

Elaboración de informes sobre os traballos e rendementos.

Criterios técnicos, económicos e de sustentabilidade.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

BC6. Coordinación e control dos traballos de apertura e mantemento de camiños forestais

Camiños: tipos e partes. Obxectivos

Fases de construción: delimitación, eliminación da vexetación, movemento de terras (desmonte e terraplén), perfilaxe, base de rodadura, compactación, obras de drenaxe e cunetas.

Planos de camiños: análise. Perfís lonxitudinais e transversais.

Organización dos recursos humanos e materiais nos traballos de apertura e mantemento de camiños forestais.

Realización e supervisión dos traballos de movemento de terras, nivelación e compactación.

Mantemento de cunetas: tipos. Obxectivo.

Medios, equipamentos, máquinas e ferramentas: uso e regulación.

Normativa ambiental, específica das actividades que se vaian realizar e de prevención de riscos laborais.

TOP