• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

MP0815-Xestión da conservación do medio natural

Contidos básicos

BC1. Control do uso público do medio natural

Espazos naturais. Características dos usos. Tipoloxía. Reservas. Áreas de esparexemento. Zonificación e equipamentos.

Instrumentos de protección dos espazos naturais. Inventario Español do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, Plan Estratéxico Estatal do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, plans de ordenación dos recursos naturais (PORN): outros instrumentos.

Programas sectoriais de uso público, de conservación, de desenvolvemento sustentable, etc.

Xestión do fluxo de visitantes. Obxectivos de planificación. Obxectivos para o visitante. Estudo do fluxo de visitantes. Capacidade de acollemento.

Programas de uso público: uso, seguridade, vixilancia, etc. Recursos naturais (hábitat, fauna, etc.). Recursos culturais: localización, deseño e tipoloxía.

Información e asesoramento a visitantes. Técnicas de comunicación: visual, oral e escrita. Materiais e equipamentos. Documentación exixible a visitantes. Zonificación de espazos protexidos. Consultas e reclamacións. Rexistros.

Impactos e danos producidos polas actividades de visitantes. Precaucións e medidas que cómpre adoptar para evitar ou reducir os danos. Corrección do impacto e dos danos causados. Técnicas.

Normativa ambiental, de montes, de patrimonio e de prevención de riscos laborais.

BC2. Vixilancia do dominio público

Dominio público: concepto.

Vías pecuarias: caracterización e tipos.

Apeo e deslindamento: procedemento.

Ocupación ou aproveitamento: pagamento do canon.

Autorizacións e concesións. Procedementos de denuncia. Medidas preventivas.

Achados paleontolóxicos: estudos prospectivos; procedemento de extracción; informes; localización, características e titularidade do solo; posibles ameazas.

Pautas para evitar a recolección non autorizada, a súa deslocalización, a súa deterioración e a súa destrución.

Normativa ambiental, de benestar animal, de montes e de prevención de riscos laborais.

BC3. Control das especies de flora e fauna do medio natural

Organización de recursos humanos e materiais necesarios para realizar os traballos de planificación e realización das operacións de inventariación e seguimento do hábitat natural.

Niveis de protección das especies vexetais e animais. Listas de protección: en perigo de extinción, vulnerables, etc. Identificación das especies ameazadas ou protexidas.

Estado sanitario das especies animais do espazo natural. Detección e manipulación de animais e plantas con afeccións patolóxicas. Informes sobre as especies e o estado das súas poboacións.

Captura de animais. Procedemento de sacrificio ou traslado ao centro de recuperación ou laboratorio.

Especies exóticas que ameazan as autóctonas. Localización e eliminación: métodos.

Espolio, tenza non autorizada, recolección, exposición pública, naturalización, tráfico e comercio. Denuncia. Medidas preventivas.

Traballos en centros de recuperación, xardíns botánicos e centros de cría en catividade.

Normativa ambiental, de benestar animal, de montes e de prevención de riscos laborais.

BC4. Supervisión do equipamento e da realización de obras no medio natural

Coordinación e organización dos recursos humanos e materiais na supervisión do equipamento e na realización de obras no medio natural.

Equipamento para a conservación do medio natural e sinalizacións: tipos e características.

Sinalización e equipamento: colocación e instalación. Materiais e elementos construtivos: materiais rústicos tradicionais da zona; características. Normas de calidade dos materiais.

Deseño de sendeiros e itinerarios. Trazado e sinalización dos itinerarios de visita. Materiais e maquetas.

Obras no medio natural. Interpretación de proxectos e planos de construcións. Obras de apoio, acondicionamento e seguridade. Condicións do medio.

Medios para a realización de obras. Condicións de uso correcto.

Abastecemento de materiais. Impacto. Accións preventivas e correctoras.

Maquinaria, ferramentas e equipamentos: selección, uso e regulación.

Normativa ambiental, de montes, de contaminación no medio natural, de obras e de prevención de riscos laborais.

BC5. Control dos residuos e vertidos no medio natural

Fontes de contaminación. Contaminantes no medio físico de espazos naturais. Contaminación orgánica e química. Indicadores xerais de contaminación.

Procesos de contaminación. Alteracións na auga indicativas de contaminación. Consecuencias para o equilibrio do medio natural. Control e loita contra a contaminación das augas: usos. Ciclo da auga.

Toma de mostras de residuos e vertidos de vexetais ou animais ao medio natural: instrumentos e metodoloxía.

Identificación de mostras. Envío de mostras para análise.

Informes para o control da xestión de residuos.

Caudal circulante: cálculo e interpretación de resultados.

Equipamentos automáticos de empresas xeradoras de residuos: funcionamento e control.

Auditorías ambientais. Responsabilidades de persoas ou entidades nos incidentes ambientais que se produzan no medio natural.

Normativa ambiental, de montes e de prevención de riscos laborais.

TOP