• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

Contidos mínimos segundo o decreto 170/2012

Contidos básicos

BC1. Supervisión e organización da prevención de incendios forestais

Incendios forestais: definición. Elementos do lume. Triángulo do lume. Partes e formas dun incendio. Clases de incendios forestais. Determinantes ecolóxicos, sociais e económicos. Causas e efectos dos incendios forestais. Clasificación das superficies incendiadas.

Comportamento do lume nos incendios forestais. Proceso de combustión. Mecanismos de transmisión do lume. Avaliación de zonas de risco: índices de perigo. Elaboración e interpretación de mapas de risco. Factores que inflúen nos incendios forestais. Combustibles forestais: características. Dispoñibilidade do combustible. Modelos de combustible. Influencia da orografía e a meteoroloxía.

Mantemento das infraestruturas de prevención de incendios forestais. Tipos de infraestruturas. Puntos de auga. Bases de medios aéreos: tipos e características. Edificacións utilizadas na prevención e na extinción de incendios: tipos e características. Outras infraestruturas.

Organización dos recursos humanos e materiais. Tipos de traballos silvícolas de prevención: áreas, devasas e outros sistemas. Queimas prescritas: procedementos. Recursos humanos: persoal ao servizo da Administración.

Ferramentas, maquinaria e equipamentos: motoserras, rozadoras e maquinaria pesada. Criterios de selección. Sistemas de organización e distribución de equipamentos.

Campañas de prevención e sensibilización sobre o uso seguro do lume en espazos naturais e rurais: concepto. Tipos: dirixidas a excursionistas, agricultores, gandeiros, etc. Publicidade: anuncios de radio e televisión; material gráfico de prensa, valo publicitario e outras campañas. Efectos.

Documentación sobre traballos, rendementos e viabilidade legal das actividades de prevención de incendios forestais. Trámites administrativos: informes; plans de prevención de incendios; autorizacións e permisos. Mantemento de infraestruturas.

Normativa sobre prevención de incendios forestais.

BC2. Supervisión e realización de vixilancia e detección de incendios forestais

Sistemas de vixilancia preventiva e de detección de incendios forestais: obxectivos e características. Clasificación: vixilancia terrestre fixa e móbil, vixilancia aérea e outros sistemas. Accións básicas e fundamentos da detección.

Infraestruturas de vixilancia e detección: características. Impactos ambientais.

Equipamentos e ferramentas de vixilancia e detección dun incendio. Modos de emprego. Equipamentos de radio ou telefonía móbil. Outros equipamentos. Cartografía empregada. Sistema de localización no terreo do foco do lume e identificación aproximada no mapa. Método de observación. Clasificación e identificación da alarma polo fume (orixe, cor e volume). Vehículos de vixilancia e primeiro ataque. Aeronaves de vixilancia e primeiro ataque.

Situacións de risco que provocan incendios forestais: técnicas de pastoreo con emprego do lume, queimas de restos agrícolas ou forestais, vertedoiros de lixo, etc.

Informes para o control de autorizacións, concesións e outras situacións de risco: elaboración. Normativa relacionada coas actividades orixe de incendios forestais. Autorizacións e concesións, e outras situacións de risco.

Organización de recursos humanos e materiais. Equipamentos, condicións do persoal de vixilancia e xeitos de operar. Selección de rutas, equipamentos e xeitos de operar na vixilancia terrestre móbil. Establecemento de quendas. Métodos, equipamentos e xeitos de operar na vixilancia aérea.

Informes sobre traballos e rendementos das actividades de vixilancia e detección de incendios forestais. Libros de rexistro de incidencias e outros documentos.

Normativa específica de vixilancia e detección de incendios forestais.

BC3. Comunicación da detección dun incendio forestal

Rede de comunicacións para a loita contra incendios forestais: obxectivos e características. Modalidades de transmisión. Composición da rede de comunicacións. Tipos de equipamentos de transmisión.

Compoñentes dun equipamento de transmisión: emisor-receptor, antena, liña de transmisión, fonte de alimentación, etc.

Manexo do equipamento de transmisión: modo de emprego. Emisión e recepción de mensaxes. Revisións. Mantemento.

Protocolo ou disciplina de actuación ante a detección dun incendio forestal. Emisor, contido e estrutura da mensaxe.

Indicativos e códigos de transmisión: interpretación.

Normativa ambiental e específica de telecomunicacións.

BC4. Supervisión e organización dos traballos de control e extinción de incendios forestais

Fases dos traballos de control e extinción de incendios forestais. Principios básicos da extinción. Fases: ataque, control e extinción. Obxectivos e procedementos. Métodos de ataque. Liña de defensa. Contralume.

Actuación ante un incendio forestal: cando se recibe o aviso, ata a chegada ao incendio, contra o lume e logo do incendio.

Uso e aplicación da auga e produtos químicos retardantes da combustión. Tipos e características dos produtos retardantes. Manuais de operación con retardantes. Vantaxes e inconvenientes.

Ferramentas e medios terrestres: ferramentas manuais e motobombas (tipos e características). Mangas, lanzas e pezas para encaixar. Maquinaria pesada: tipos e características, apeiros e implementos. Procedementos de traballo. Vehículos todoterreo. Medios aéreos: tipos de aeronaves e características. Outros: manuais de instrución en extinción de incendios forestais. Bases de datos. Programas de simulación de lumes forestais.

Estrutura organizativa da loita contra incendios forestais. Directrices e acordos estatais. Plans autonómicos. Outra normativa relacionada. Actuacións periódicas.

Organización de recursos humanos e materiais. Categorías profesionais. Funcións dos postos de traballo e das categorías profesionais. Procedementos de colaboración con outro persoal que colabora no control e extinción de incendios forestais. Programación de actividades. Programación de quendas de traballo e de prácticas. Cuadrantes de traballo. Valoración das capacidades individuais e colectivas dos membros da unidade: protocolos de probas antropométricas. Mantemento da condición física. Rexistros de datos das condicións físicas. Manuais de mantemento de equipamentos mecánicos, vehículos e ferramentas. Listaxes de comprobación dos equipamentos. Modelos de inventario.

Operacións de protección das persoas implicadas nos incendios forestais. Sinalización e desenvolvemento das operacións. Normas e protocolos de seguridade aplicados en incendios forestais e outras emerxencias. Acoutamento de zonas de rescate. Protocolos de actuación. Operacións de embarque e desembarque en helicópteros. Operacións de carga e estiba de aeronaves en terra. Protocolos de solicitude de avituallamento. Normas de carga de combustible en vehículos e aeronaves. Normativa de transporte de combustible e de vehículos especiais.

Normativa de aplicación nos traballos de control e extinción de incendios forestais.

BC5. Colaboración nas actividades de investigación das causas de incendios forestais.

Persoal que investiga os incendios forestais: axentes da autoridade, etc.

Partes e cadros: de incidencias, danos e datos meteorolóxicos. Emprego de datos históricos de incendios.

Incendios de pequenas superficies. Recoñecemento dunha zona pequena incendiada. Método das evidencias físicas. Procedementos para establecer sobre o terreo o perímetro da zona de traballo.

Incendios de grandes superficies. Determinación da xeometría do incendio. Modelos xeométricos de propagación.

Vestixios indicadores da dirección de propagación do incendio. Intensidade calórica. Velocidade de avance. Métodos de estimación.

Localización da zona de inicio do incendio. Probas físicas para determinar o medio e a causa de ignición.

Elaboración de informes de resultados. Documentación.

BC6. Prevención de riscos laborais e protección ambiental no ámbito dos traballos de defensa contra incendios forestais

Riscos nos traballos de defensa contra incendios forestais. Causas dos riscos. Nivel de perigosidade.

Seguridade nas instalacións de traballo. Orde e limpeza. Sinalización dos postos de traballo: carteis divulgativos.

Medidas de seguridade e de protección persoal e colectiva nas operacións de traballo. Equipamentos de protección individual: manuais de uso. Equipamentos colectivos de protección: materiais, ferramentas e máquinas. Normalización e homologación de ferramentas e equipamentos.

Residuos xerados nos traballos de defensa contra incendios forestais: clasificación, tratamento e recollida dos residuos.

Situacións en que cómpren primeiros auxilios. Actuacións básicas. Fundamentos dos primeiros auxilios. Soporte vital básico nos primeiros auxilios. Atención inicial a emerxencias máis frecuentes. Sistemas de recollida e transporte de persoas accidentadas. Caixa de primeiros auxilios. Actuacións básicas e procedementos de colaboración cos servizos de emerxencia.

Normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental no ámbito da defensa contra incendios forestais.

TOP