• Matriculate no ciclo superior de xestion forestal e do medio natural
    • Matriculate no ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
    • Conoce a grande riqueza dos montes galegos...
    • Un campo de posibilidades diante de ti...
    • Os nosos recursos son moi variados
    • Participaras de excursións a entornos naturais

Contidos mínimos segundo o decreto 170/2012

Contidos básicos

BC1. Iniciativa emprendedora

Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de xestión forestal e do medio natural (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

A actuación das persoas emprendedoras no sector forestal.

O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito da xestión forestal e do medio natural

BC2. A empresa e o seu contorno

A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de xestión forestal e do medio natural: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de xestión forestal e do medio natural: clientes, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

Localización da empresa.

A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

Cultura empresarial, e comunicación e imaxe corporativas.

Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa

Formas xurídicas das empresas.

Responsabilidade legal do empresariado.

A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de xestión forestal e do medio natural.

Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos, e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa

Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector forestal.

Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e razóns financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de xestión forestal e do medio natural: documentos administrativos e documentos de pagamento.

Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

TOP